Galiza.png España.png Unión_Jack.png

Cal é o futuro das feiras de ciencia?

En didáctica, o importante é o presente. Neste caso, o aproveitamento deste tipo de actividades aquí e agora. Pero, xa que no apartado 'Un pouco de teoría' foi vista a conveniencia de continuidade para optimizar o rendemento. É tamén convinte ollar un pouco o posible futuro para aproveitar as posibilidades que ofreza. En calquera situación, será sempre un pouco de prospectiva, é dicir, tentar de imaxinar o futuro extrapolando a tendencia actual, pero nunca algo seguro.
Existen diversas evolucións posibles, incluída a súa desaparición. Non embargantes, o futuro depende da sociedade que se teña en cada momento, é dicir, da evolución social. Unha vez posta a evolución no seu contexto, cabe dicir que de xeito autónomo ós condicionantes citados, é previsilbe unha boa acollida no ensino no futuro e en Galicia en particular.
De cara á evolución do ensino, é necesario proveer ós estudantes dun xeito de aprendizaxe activo en ciencias, e as feiras de Ciencia representan unha posibilidade que ademáis ten outras avantaxes, pois implica ás familias polo mero feito da visita, ó igual que ó resto da sociedade e ós propios compañeiros dos alumnos e alumnas implicados.
É natural que se presente esta oportunidade a traverso da formación propia dos ensinantes (de aí o apartado 'Un pouco de teoría'), co que o propio desenvolvemento destas actividades variará segundo as circunstancias, en particular a da formación previa da xente que as promova.
Por outra banda, as feiras pódense ver favorecidas por cousas como Diverciencia, un proxecto de axudas á difusión científica levado a cabo en 2007 e 2008 (polo momento) pola Xunta de Galicia. Axudas como as proporcionadas por diverciencia poden axudar a insuflar osíxeno e diminuír a falta de recursos nas feiras escolares.

Pensando no futuro das feiras de ciencia

Volta a Portada

--
Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nuna nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.
Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 11 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data Nov 3, 2012 12:50 am.