Galiza.png España.png Unión_Jack.png

A Semana das Ciencias (2016) está impulsada pola concellería de ensino de Ponteareas.

Primeira edición (2016)

http://concellodeponteareas.org/portal/semana-das-ciencias (Nota de prensa) :
"O Concello de Ponteareas será o punto de encontro de diferentes investigadores e colectivos científicos entre os días 18 e 23 de abril. A concellería de Ensino, xestionada por Cristina Fernández, presentou oficialmente a primeira edición da Semana das Ciencias, nun acto que tamén contou coa presenza do alcalde ponteareán, Xosé Represas, e de Xabier Prado, profesor de Física no IES Pedra da Auga, representante de todo profesorado que colabora na Semana das Ciencias e membro da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (DivulgAcción), unha das que participará nestas xornadas.

A Semana das Ciencias, que pretende “fomentar o interese polas distintas áreas científicas entre o alumnado de Ponteareas e difundir estas áreas de coñecemento entre a cidadanía da nosa vila, incentivando a súa participación nas cuestións científicas”, tal e como confirmou a edil de Ensino, Cristina Fernández, pivotará en torno a 5 conferencias impartidas por recoñecidos investigadores de distintos eidos no Auditorio “Reveriano Soutullo”, as cales serán abertas ao público en xeral e recomendadas para o alumnado de Bacharelato, que accederá en breve á súa etapa universitaria.

O 18 de abril, a partir das 19:30 horas, a doutora en Física e directora do Departamento de Física Aplicada na USC, Josefa Salgado, presentará a exposición “A outra metade da Física Aplicada en Galicia: o papel das físicas galegas do século XXI”.

O martes 19 de abril, a partir das 17:00 horas, o Doutor en Física e Profesor do Departamento de Física Aplicada na ETSE de Minas da Universidade de Vigo, José Benito Vázquez, impartirá a conferencia que leva por título “A interferencia luminosa: cando a luz interacciona coa luz nunha pompa de xabón ou na detección de ondas de gravitación”. Tamén o mesmo 19 de abril, dende as 19:30 horas, as investigadoras ponteareás do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Mónica Carrera e Laura Cal, serán as encargadas de ofrecer a charla “Ciencia e medio mariño”.

O mércores 20 de abril, a aprtir das 19:30 horas, o Doutor en Matemáticas e Profesor titular no Departamento de Matemática Aplicada II na Universidade de Vigo, Iván Area Carracedo, presentará a exposición “Matemática das epidemias: Ébola e Zika”.

Xa o xoves 21 de abril, dende as 19:00 horas, o Doutor en Medicina e Catedrático de Medicina Legal da USC, Ángel Carracedo Álvarez, impartirá a conferencia “Bases xenéticas das enfermidades”.

Ademais, durante esa semana, e tamén no Auditorio Reveriano Soutullo, habilitarase o Museo Científico “Ciencia en Movemento” dirixido ao todos os alumnos de 4º ESO e 6º de Educación Primaria de todos os centros escolares de Ponteareas. O Museo estará instalado dende o 18 ata o 22 de abril e este último día estará aberto, asemade, para o público en xeral, de maneira gratuíta, en horario de 17:00 a 20:00 horas, previa inscripción no Auditorio.

A interacción dos centros escolares co resto da cidadanía poderase visualizar o venres 22 de abril, en horario de 17:00 a 20:00 horas, nas rúas Morales Hidalgo e Estrada, onde se situarán os Stands dos Pequenos Investigadores. Diferentes postos nos que alumnado e profesorado exporán “inventos, proxectos e investigacións de diferente índole, nas que o público poderá observar, manipular ou interactuar en cada un deles”, tal e como explicou na presentación o profesor do IES Pedra da Auga, Xabier Prado.

Por último, o sábado 23 de abril, o Punto Científico – Ciencia na Rúa, promovido pola Asociación DivulgAcción, instalará a partir das 12:00 horas un punto nos Xardíns da Xiralda, diante da Casa do Concello, no que será posible informarse máis acerca de cuestións como a enerxía nuclear, a nanotecnoloxía ou a relatividade visual, entre outras.

O alcalde, Xosé Represas, valorou “o enorme traballo que hai detrás dun acto deste calibre, que situará a Ponteareas como punto de referencia científico en Galicia durante unha semana enteira grazas á presenza de investigadores e científicos de contrastada traxectoria”. O rexedor local aproveitou para felicitar “á concelleira de Ensino, Cristina Fernández, e a todos os centros escolares que colaboraron na organización dun evento que axuda a divulgar coñecemento en diferentes áreas e que, agardamos, sexa o primeiro de moitos”."

En Ponteareas, en Feirasdeciencia


Segunda edición (2017)

A segunda edición da semana das ciencias terá lugar entre o 24 e 27 (+28 e 29, actividades) de abril no auditorio Reveriano Soutullo.
Inclúe conferencias de: Andrea Fernández Vilela (A antropoloxía física dentro do ámbito científico), Xerado García Mera (Unha viaxe crítica polo descubrimento des novos fármacos), Sergio Horacio Quiroga Rivero (Ecocelta como experiencia Bioemprendedora), Barbara Alvarez Besadio (Un científico non ten que ser de bata) e Jorge Mira Pérez (A que altura está o ceo?)
Tamén outras actividades, como o 28 de abril a exposición de traballos - Feira das Ciencias, o 29 de abril Teatro – “Non toques os meus círculos“ e “Achégate a ciencia“, e o Seminario dirixido a profesorado "Achegamento da Ciencia á Ensinanza" (día 25)

Folleto e captura de páxina web

Ponteareas feira_ciencia17-1.png
Ponteareas 2017 captura de pantalla.png

Presentación sobre as feiras de ciencia no Seminario para o profesorado "Achegamento da ciencia á ensinanza"

En FQ Ribadeo , para descargar () ou aquí:


Páxina web

http://semanadasciencias.ponteareas.gal/


Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nunha nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.
Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 7 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data Apr 26, 2017 2:46 am.