Unha referencia

Como colofón no centro galego (IES Porta da Auga, que mantén a Feira da Ciencia do IES Porta da Auga), o proxecto SFTE deu lugar a unha publicación que se adxunta para a súa descarga:
Por partes:
Dunha soa vez: http://publicadoenribadeo.wikispaces.com/SFTE

Orixes e introdución ó proxecto


(Adaptado de http://www.tesna.it/sfte/testi/pr_origins.htm , xa non localizable)
Hai algúns anos, o IES "Porta da Auga" de Ribadeo (España) organizou unha feira apra amosar os materiais feitos polos seus alumnos traballando durante o seu estudo da ciencia.
A partir disto, Antonio Gregorio Montes, un profesor relacionado coa feira, tivo a idea de expandir a experiencia noutros centros europeos. Así naceu o Proxecto Escolar Europeo Comenius SFTE.
Este proxecto está subvencionado pola UE a traverso do programa Sócrates.
O proxecto 'As Feiras de ciencia a traverso de Europa' comezou en setembro do 2002 e tivo desenvolvemento durante tres anos.
A feira internacional tivo lugar durante unha semana cada ano.
Cada país participante presentou os seus proxectos
Cada socio nacional presentou os seus proxectos, desenvoltos polos alumnos a traverso das súas actividades laborativas.
Un proxecto Comenius permete realizar tres tipos de actividades de cooperación entre centros de ensino europeos:
1. Proxectos escolares con intercambio de experiencias varias con resultados satisfactorios.
2. Proxectos lingüísticos concernentes a estudantes de linguas estranxeiras.
3. Proxectos que permitan comparar diferentes estruturas escolares e diferentes equipos de traballo pedagóxico.
SFTE, 'Science Fair troughout Europe', foi un proxecto escolar.
É importante notar que:
1. O salumnos foron envoltos en cada fase do proxecto
2. Foron usadas as TIC (tecnoloxías de información e comunicación)
3. Houbo grupos de traballo
4. Houbo un resultado concreto do proxecto
5. As experiencias e resultados foron difundidas entre os centros escolares europeos
A duración prevista para un proxecto Comenius era de tres anos escolares como moito, como foi o caso.

Finalidade

O obxectivo principal do proxecto foi difundir a idea, interese e desfrute nos estudos de ciencia entre a xente nova de Europa.
Cada alumno envolto nas actividades levou a cabo un desenvolvemento científico dende o seu propio punto de vista, chegando ó final na súa experiencia e contribuíndo na organización para amosar a súa realización durante unha feira de ciencia.
O obxectivo desta foi desenvoltar actividades científicas e tenolóxicas en todos os campos e organizar demostracións.

Un pouco de historia do proxecto

Ribadeo-fin-octobre-02.jpg europartners.gif
No 2002-2003, Xuntáronse 6 centros de España, Bélxica, República Checa, Francia, Alemaña e Romanía nunha xuntanza en Ribadeo. Organizouse a primeira edición da Feira da ciencia do proxecto en Ribadeo en marzo de 2003. Na xuntanza mantida no 2002, tamén participaron outros dous países como visitantes: Italia e Polonia.
2003: Foi aprobada pola axencia Sócrates a participación italiana, o que non ocorreu coa rumana nin coa polaca. Non embargantes, na feira mantida en marzo deo 2004 en Les Sables d'Olonne - Francia, participou unha representación rumana a título particular.
No 2004-2005 foi aprobada de novo a participación do centro rumano, así como do dun novo centro alemán. como outra cara da moeda, o centro checo, «Základní Škola Rybniky» (Vsetìn) debeu de abandoar o proxecto por peche polas autoridades educativas do país. Así, chegouse á terceira edición da feira en Nápoles (Italia) en abril do 2005 participando España, bélxica, Francia, Alemaña (2 centros), Italia e Romanía.

Ligazóns

*Sitio oficial de SFTE
*Libro en Galilibros
(Ver Euroscience)

Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nuna nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.
Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 21 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data Oct 29, 2012 5:13 am.