Actividades de difusión

Efervesciencia (radio galega)

A Radio Galega, os domingos de 15:00 a 16:00 emite un programa de divulgación científica, Efervesciencia. Mantén un blog na rede: http://blogs.crtvg.es/efervesciencia
Tamén pódese acceder ó programa mediante podcast: http://www.crtvg.es/rg/podcast/programa/efervescencia

Divulgacción

http://divulgaccion.org é unha sociedade de divulgadores galegos, a 'Asociación Galega de comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica'. Organiza 'Divulga na escola' e 'Puntos científicos'.

A maxia da Química

Exposición e actividades diversas itinerantes de recorrido por Galicia a partires do 2007. Ver máis

Campamentos de ciencias

Organizados por Amigos da Casa das Ciencias, e organizados baixo a idea de 'campamento urbano' (é dicir, sen pernocta), tentan de ser unha mostra sucesiva de diferentes aspectos científicos nos museos coruñeses, con actividades extraordinarias encamiñadas á formación básica en ciencia.
Porta_da_Auga_Casa_das_Ciencias_20010116.jpg

Museos científicos coruñeses (MC²)

A Casa das Ciencias, Domus e Casa dos Peixes forman parte xa da historia da formación en ciencias en Galicia. O lembrar as posibilidades que ofrece a súa visita non é novidade, e na súa web pódese dispoñer de grande cantidade de información de todo tipo. No lateral, unha enquisa para unha desas visitas. A organización dos museos Científicos coruñeses organiza ademáis actividades como a de difusión de monográficos como o da pataca, xornadas de animación á investigación para os máis pequenos, ou actividades puntuais como Exploradomus ou Seminarios sobre cultura científica, así como o Premio Luis Freire de Investigación científica para escolares. Asemade son referencia a nivel nacional os premios 'Prisma' de divulgación científica, que destacan obras moitas veces aproveitables de xeito didáctico.
Blog de novas de MC²

Xornadas de portas abertas

Organizadas por diversas institucións, en xeral con motivos relacionados con outras actividades conxuntas, como o Día da ciencia na rúa ou a Semana da Ciencia

Semana da Ciencia

Celébrase anualmente, a nivel europeo, coincidindo aproximadamente coa segunda semana de novembro, se ben as actividades adoitan a extendeerse todo o mes. Está mantida polo CDTI, dependente do Ministerio de Industria, e en Galicia, pola Consellería de Industria. Os centros participantes (educativos, institucións, empresas...) poden recibir subvencións ó acollerse ó paraugas da semana, realizando actividades que van dende xornadas de portas abertas a conferencias, con unha ampla gama de posibilidades. Houbo no seu momento contactos para tentar facer unha actividade semellante específicamente galega, que non prosperaron (ver Día da Ciencia en Galicia) pero no 2007 xa aparece diferenciada a semana galega, podéndose solicitar axudas dentro do programa Diverciencia.

Feira matemática

A súa edición 2007 tivo lugar o 12 de maio no Pazo da Ópera de A Coruña; a de 2008, o 24 de maio. Está organizada por AGAPEMA

Climántica

Climántica un proxecto da Consellería de Medio Ambiente que parte no 2006, para difusión de diversos aspectos sobre o clima, enfocados dun xeito científico. http://www.climantica.org/roller/proyectoPrensa/gl/page/proyecto
Ten convocados os premios climántica sobre medio ambiente no ano 2007
***

Outras posibilidades

De xeito aleatorio ou periódico xurden outras posibilidades de actividades, animación ás mesmas, premios, etc, en moi diferentes formas, realizadas con axudas e/ou inciaiativas públicas e/ou privadas. Así, por exemplo e non de xeito nin moito menos exhaustivo podemos contar con:

Campus de verán Xuvenciencia

Obradoiros, proxectos, visitas... provomovidos pola USC no Campus de Lugo. http://www.usc.es/xuvenciencia/campus Pdf da edición 2016:

Voz Natura

É un programa impulsado pola 'Voz de Galicia' a traverso da Fundación Fernández Latorre (http://www.fundacionsantiagoreyfernandezlatorre.com/natura/index.jsp) dende o curso 1997/1998 que promove accións en prol do recuperación e defensa, coñecemento e mellora de trato da natureza nos centros educativos, durante toda a etapa obrigatoria. A maioría dos centros que se acollen son con iniciativas de primaria, pero na festa que celebran a finais de maio para remate das actividades de cada curso pódense ver asemade traballos realizados con alumnado de ESO. Levan promocionado xa máis de 1200 proxectos. Hai premios a nivel provincial e galego.

Science Across the World

Nado como 'Science Across Europe' (Ciencia a Traverso de Europa), é un programa de colaboración científica intercentros a traverso do mundo, coordinado pola ASE (the Association for Science Education, asociación británica para a educación en ciencia). Tense mantido xa ó longo de dous decenios e a base está no intercambio de información botida entre diversos centros en relación cunha materia acordada previamente.
Ligazón: http://www.scienceacross.org

Premios Luis Freire de Investigación Científica para Escolares

De celebración anual dende 1998, impulsados polo Concello de A Coruña e os Amigos da Casa das Ciencias e dirixidos á educación secundaria obrigatoria, son convocados no outono de cada ano, coa finalide de "Fomentar atitudes positivas cara á ciencia, dando resposta, mediante a experimentación ou o traballo de campo, a preguntas que teñan relación coa natureza ou as Ciencias Físicas ou Químicas".

Xuntanzas Luis Freire

Desenvoltas en Gandarío, con proxección máis ben cara á Universidade, pero tamén a medias, son como pequenos congresos de investigación xuvenil, apoiados polo INICE.

Catch a Star

Promovido pola ESO (Axencia Espacial Europea), ten perioricidade anual e versión española (na web, en inglés, en http://www.eso.org/outreach/eduoff/edu-prog/catchastar). é unha competición na que os estudantes, agrupados en cada centro participante, escriben artigos ou crean traballos artísticos sobre temas astronómicos elexidos por eles.

El espacio en la vida cotidiana

Premios convocados no 2007 co lema 'Sputnik, 50 anos de aventura espacial' polo INTA (Instituto Nacional de Técnica Aerospacial), coas modalidades tecnolóxica (texto), éxperimental (traballo), narrativa/banda deseñada (literario ou historieta gráfica) e animación. A convocatoria é arredor de xaneiro.

Health matters -- European School Awards

Patrocinados pola GlaxoSmithKline e organizados pola ASE (the Association for Science Education, asociación británica para a educación en ciencia) foron convocados os premios sobre materiais relacionados coa saúde realizados por escolas europeas.

Feira 'Madrid es ciencia'

De carácter anual, unha xuntanza do estilo das feiras de ciencia en Madrid sempre é un espectáculo educativo. http://www.madrimasd.org/cienciaysociedad/feria/default.asp

Concurso Escolar sobre Enerxía e Sociedade

Convocado de xeito anual cada curso escolar polo 'Foro Nuclear' (http://www.foronuclear.org/concurso_escolar.jsp), está dirixido a alumnos de todos os ciclos de ensino co motivo declarado de fomentar o traballo en equipo e sensibilizar a xuventude sobre o bo uso da enerxía.

A enerxía a un clic

Convocado por Gas Natural SDG, é unha actividade declarada 'actividade telemática educativa dirixida a alumnado de 11 a 18 anos', con diversos apartados e actividades a desenvolver no inverno nos centros. A convocatoria de 2007 tiña como lema 'O gas natural, a enerxía do século XXI'.

Club de Ciencia e Investigación

O CCI é un Clube levado polo Servizo Municipal de Bibliotecas da Coruña para iniciación/animación á investigación de nenos e nenas entre 9 e 12 anos.

INEGA

O Instituto enerxético de Galicia, http://www.inega.es/Instituto_Enerxético_de_Galicia.htm , promove a difusión da ciencia e tecnoloxía en torno ó aproveitamento enerxético e enerxías renovables, facilitando por exemplo, a exposición "A través das enerxías" ou actividades na súa web.

Programa de Rutas Científicas

conxunto de rutas por diversas comunidades para favorecer a visualización das relacións ciencia, tecnoloxía e sociedade. No enderezo electrónico http://www.boe.es/g/es/bases_datos/doc.php?coleccion=indilex&id=2008/05865&txtle pódese acceder á informaicón dos percorridos pensados para o ano 2008

Ciencia en Acción

http://www.cienciaenaccion.org é a páxina do concurso. Ven acompañada de un montón de experiencias propostas anos anteriore, a parte das instruccións apra participar. Unha páxina a ver e considerar.

LN42º

Carpa con actividades sobre ciencia e lecer de Caixa Galicia, http://www.ln42.com/index_ga.php

Cabe engadir aquí temén a empresas que se adican a difundir a ciencia como xeito de actividade. Por exemplo, Fun Science - Ciencia Divertida, que usa a ecuación "ciencia divertida = educación + entretenimento" e franquicia as súas actividades incluída Galicia, on actividades entre 4 e 14 anos: http://www.cienciadivertida.com

Voltar á Portada



Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nuna nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.
Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 64 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data Aug 10, 2016 11:33 am.