Asociación xuvenil, con base en Cataluña pero membros a traverso de toda España, para a investigación científica na escola. Relacionada con Inice nos seus comezos (ata o 2004), forma hoxe unha entidade independente xestionada por estudantes dende idades moi temperás, aínda que formen parte dela tamén algúns adultos. Forma parte da asociación internacional Milset.
Unha das súas actividades é a Exporecerca jove, feira de ciencia internacional de edición anual, con un bo nome feito ó longo de moitos anos.
Ten algún asociado en Galicia (V.g., o Colexio Guillelme Brown de Ourense ou o Colexio Alborada de Vigo) e os seus membros participaron en Galiciencia 2007 (e na súa antecesora Expociencia de Ourense no 2006), aportando non só estudos para a presentación senón tamén asesoría para a organización.

Sitio web: http://www.magmarecerca.org/

Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nuna nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.
Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 17 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data Nov 26, 2012 10:57 am.