Galiza.png España.png Unión_Jack.png

Propósito

O facer un traballo deste tipo sobre as feiras de ciencia na Galiza é só un intento para trazar o futuro dun ensino da ciencia máis completo, facilitando o desenvolvemento das feiras e contemplando para elo a historia deste tipo de eventos nos nosos centros educativos. Nese hipotético futuro estaría incluída unha 'economía de escala' ó aumentar o número de 'usuarios' de métodos inductivos, baseados en xeito diverso e relacionados cun ensino da ciencia centrado na investigación.
Estas páxinas plantéanse cos obxectivos de, por unha banda, permitir coñecer mellor a realidade, posibilidade, desenvolvemento, ... das feiras de ciencia e exposicións científicas escolares en xeral a calquera persoa que teña interese no tema, e por outra, facilitar a aprendizaxe dos mecansimos básicos de programación e posta en marcha dunha experiencia do estilo.
Por último, axustar que o que se presenta aquí é un estudo de anos feito a partires dunha visión persoal, a partir da realización de feiras de ciencia no IES Porta da Auga e recollida de información diversa que se foi presentando pouco a pouco no camiño ó longo destes anos. É dicir, non é un estudo aséptico, senón humano, sobre unha cuestión que ten unha grande compoñente humana como é a didáctica, pero sen deixar por eso de ter unha visión obxectivada mediante datos recollidos de diversas fontes no tempo.

Como proposta en principio persoal, nun primeiro momento estas páxinas estarán cerradas a contribucións e colaboracións diretas. Mais unha vez que o traballo esteña estruturado cun núcleo forte que facilite colaboracións na mesma dirección, esto é, sinerxias, pouco a pouco iráse abrindo como ambiente colaborativo a outros profesores con experiencia no tema. Así o contempla a idea programática coa que xorde, pois estas páxinas están pensadas máis como un xerme de futuro que como algo rematado e pasado.

Historia

O ensino da ciencia complétase dende antigo con moitas posibilidades que hoxe chamaríamos 'extraacadémicas'. Cando se comeza a ter unha visión moderna da pedagoxía e xurde a didáctica como ciencia en si, tamén aparecen as manifestacións de que é necesario aplicar os coñecementos para poder desenvolvelos con plenitude, interiorizalos e mesmo ter un efecto de retroalimentación positiva para as persoas que están aprendendo. De aí que considere un punto con 'un pouco de teoría' como pedra angualr, a modo de caixón de xastre coas ferramentas básicas, conceptuais e metodolóxicas, a aplicar.

O que eu penso

Estas palabras que se poden ler eiquí non son tanto froito dunha investigación minuciosa como do cruce de coñecementos aprendidos máis ou menos casualmente ou de xeito dirixido e a propia experiencia. E pretendo que procuren un complemento a traverso da rede en outros lugares para aportar tanto posibilidades de presentacións a usar nas feiras como outros puntos de vista de organización e detalles.

Algunha nota

Dentro do sitio web hai algunhas páxinas que se poden calificar de especiais. Abranguen non só arquivos descargables senón tamén fotos/imaxes que en xeral clicando co botón dereito sobre elas poden verse de xeito independentes e moitas veces, tamén maiores, e algunhas páxinas de 'opinións' en xeral de alumnos nas que se tenta dar unha visión externa sobre algún detalle relacionado coas feiras de ciencia.
En canto ós formatos, mentras sexa posible cargaránse só formatos normalizados, é dicir, 'Open Document', lexibles por calquera suite informática libre (Open Office, Koffice, Abiword, ...) e tamén, en MSWord previa instalación dun plug-in.

Unha solicitude

O anterior é un aviso de referencia sobre o que se pode atopar nestas páxinas, ó tempo que unha indicación do meu interese por o tema e polo tanto, interese tamén por aumentar o coñecemento propio sobre o mesmo. Por eso dende eiquí pido á xente que dispoña de información que, a ser posible, nesta primeira fase me aporte información direitamente para poder así mellorar o presente traballo. A quen así actúe, moitas gracias por anticipado. E, de calquera xeito, espero que nun futuro próximo estas páxinas abriránse á colaboración direita.

E unha cita

'... En calquera caso, esta actividade éche unha cousa que me enche de verdade, e prodúceme unha grande ilusión preparala. O mesmo lles ocorre ós rapaces.' É dunha carta que me enviou un colaborador con este sitio, José Mª de la Viña (IES Alfredo Brañas. Carballo), e que da idea do cariño e o ambiente con que se poden facer estas cousas, as feiras de ciencia, na nosa terra (... ou noutro lugar).

Volta á portada

--
Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nuna nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.
Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 3 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data Nov 3, 2012 12:53 am.