Introducción

O IES nº 1 de Ribeira, hhttp://centros.edu.xunta.es/iesn1ribeira/ (actualmente non carga) celebra unha feira de ciencia ("semana de ciencia") cara a derradeira semana de maio, e dende o curso 2000/2001. Celébrase así o ano 2007 a 6ª edición (no ano 2008 non se celebra). Nos anos 2004 e 2005 o centro participou no día da ciencia na rúa
Está organizada polo Departamento de Ciencias Naturais en colaboración con outros Departamentos.

Descrición

O centro leva realizando a actividade de xeito ininterrompido, abranguendo diversas actividades. Así a VI Semana da ciencia do IES Nº1 de Ribeira, celebrada na última semana de maio deste ano 2007, estivo centrada no cambio climático e tivo por exemplo, unha conferencia titulada “O cambio climático, un reto para Galicia e un reto para a Humanidade” e outra “Cambia o clima? Climántica responde” para a difusión do proxecto sobre o clima. Relacionado co proxecto climántica, o 'semana' presentou modelos de simulación coma os dos efectos Ártico e Antártico, efecto invernadoiro, formación de furacáns, prácticas para evidenciar os efectos da choiva ácida, un pequeno coche solar construído no centro e diversos murais relativos ao cambio climático.IES_Ribeira_vI_Semana_Ciencia.jpg
Decláranse como obxectivos o colaborar na busca de respostas relativas ó problema do escaso interese do alumnado e a sociedade respecto á ciencia, e o ilusionar tanto a profesores como a alumnos en torno deste pilar básico da nosa cultura e xeito de vida que é a ciencia. Amén de contribuír dun xeito participativo, activo e lúdico á divulgación e interese pola ciencia entre a comunidade escolar da bisbarra e a sociedade en xeral.
Declárase unha experiencia innovadora porque “A Semana da Ciencia” está deseñada como instrumento educativo onde o protagonista é o alumnado, que asume o papel de profesor, explicando a compañeiros, docentes e veciños, experiencias científicas previamente preparadas. É tamén innovadora proque ó profesorado permítelle saír da dinámica habitual da aula, e mergullarse nun traballo cooperativo que resulta moi satisfactorio polo estimulante que é o traballo en equipo, tanto nos aspectos profesionais coma nos persoais.
Por outra banda ó ser unha experiencia aberta, na que participa toda a comunidade escolar, permite o encontro dos diferentes axentes nun entorno máis informal e lúdico, pero non por iso menos formativo. Así mesmo realízase a actividade coa convicción de que resulta unha ferramenta innovadora, de elevado interese pedagóxico, altamente satisfactoria e repetible en calquera centro coas variacións que se desexen.
Nota de prensa de 'La voz de Galicia' en relación cunha actividade da última feira (2007).
Ribeira_6_semana.png

Algúns detalles

ver páxina nova

Edicións

I Semana da Ciencia (curso 2001/2002)

II Semana da Ciencia (2002/2003)

A memoria desta semana, presentada polo Depto. de CCNN, acadou o 2º Premio de Innovación Educativa (modalidade B) convocado pola Consellería de Educación.

III Semana da Ciencia (2003/2004)

Nas imaxes pode verse unha mostra dos dípticos do curso 2003/2004.
Feirariveira.jpg
Feirarriveiraimg2_001.jpg

IV Semana da Ciencia (2004/2003)

V Semana da Ciencia (2005/2006)

VI Semana da Ciencia (2006/2007)

Programa da VI edición da Semana de Ciencia (2007) en formato open document:
A 'Semana da Ciencia' segue un patrón común todos os anos, pero varían as actividades concretas. O patrón común é:
Casetas de experiencias
Exposicións
Obradoiros
Multimedia (proxección de 'Una verdad incómoda')
Neste ano a referencia foi climántica, tendo como tema central O CAMBIO CLIMÁTICO e organizando:
Carteis e murais dos alumnos relativos ao cambio climático
Exposición de Paneis de Climántica
Exposición de Climántica: pila de hidróxeno e medida de aforro de C0<sub>2</sub>
Multimedia: Fragmentos da película Unha verdade incómoda
Multimedia elaborado por un alumno sobre incendios: Arde Galicia
Exposición Non queimes o teu futuro
Experimentos: Efecto Invernadoiro e Fusión do Xeo (modelos ártico e antártico)
Conferencias a cargo do Director Xeral de Desenvolvemento Sostible e Director Proxecto Climántica.- Coloquio co Equipo.
A exposición completouse cunha xornada de portas abertas.
A VI semana realizouse do 24 ó 31 de maio de 2007. A participación dos alumnos é fundamental como monitores das casetas de experiencias: en cada caseta hai 2-3 monitores en cada momento (total 9-10 porque hai turnos), encargándose de todas as fases da experiencia: deseño, preparación, montaxe, realización da actividade e explicación aos visitantes da mesma. No 2007 houbo uns 80 monitores de todos os cursos repartidos entre 12 casetas.
Participaron os Seminarios de CCNN (organizador) e os de Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía, Historia e Debuxo (colaboradores).
A actividade foi referida na prensa local (Correo Gallego, TV Salnés) e está pendente de envío a reseña a revistas de pedagoxía. Asemade, hai referencias na páxina web www.climantica.org. Referencia no El Correo Gallego

O centro, no día da ciencia na rúa de A Coruña

O centro participou na X edición do Día da Ciencia na rúa, organizado por MC2. Amosaron xogos en relación cao física, a observación do pole a traverso do microscopio, a determinación de pegadas dactilares e outros. Particparon 30 rapaces e rapazas xunto cos profesores Begoña Fernández, Luis Peña, Juan Quintáns, Mercedes Ruibal, Mara Torres e Raquel Troitiño.

Contacto no centro

M. Mercedes Rodríguez Ruibal, Departamento de Ciencias Naturais, IES Nº1 RIBEIRA, merce/./r/./ruibal/@/edu/./xunta/./es (suprimir /)

Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nuna nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.
Os formatos 'open document' poden abrirse por exemplo co programa libre e gratuíto Open Office, descargable por exemplo en http://www.mancomun.org/openoffice.org-en-galego.html (versión galego)
Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 21 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data Dec 12, 2012 11:09 am.