Galiza.png España.png Unión_Jack.png

Introdución

O IES Galileo Galilei comeza no 2014 a celebrar a súa feira, 'Feria de la Ciencia y Tecnología', no polideportivo anexo ó centro.
Segundo o seu propio blog, (traducido):
"A feira da ciencia Ciencia consiste na exposición de proxectos, experimentos e experiencias levadas a bo fin polo alumnado do noso centro nas aulas, nas disciplinas da rama científica relacionadas co currículo das asignaturas correspondentes.
A finais de curso celébrase no pavillón do instituto a exposición e explicación por parte do alumnado participante dos diversos proxectos desenvoltos durante o curso académico.
Esos días coordínanse ademáis visitas guiadas polo pavillón da feira para os centros veciños e en xeral para todos os interesados en conocela.
XUSTIFICACIÓN E OBXECTIVOS
O proxecto realízase con alumnado do centro do máis variado pasando por todas as etapas educativas: dos cursos máis baixos de secundaria obrigatoria ós de bacharelato, incluíndo os ciclos formativos que se imparten no I.E.S. así como de xeito especial os grupos de diversificación curricular co fin de acadar os seguintes objectivos:
Materializar en forma de experimentos e proxectos parte do currículo das asignaturas da rama científico-tecnolóxica.
Axudar ó proceso de ensino-aprendizaxe das disciplinas da rama científica.
Motivar ó alumnado que cursa estas materias no proceso de aprendizaxe, pois materialízanse conceptos en forma de proxectos e experimentos.
Dar a coñecer ó resto da comunidade educativa as posibilidades das materias das ramas científico-tecnolóxicas.
Promover a convivencia e participación de todos os membros da Comunidade Educativa nas actividades do centro.
Fomentar e potenciar o uso de linguas extranxeiras (Inglés e Francés).
Fomentar a igualdade xa que promove actividades encamiñadas a favorecer a ruptura de estereotipos de xénero, pues ofrécese participación en todas as actividades que se describen, sen discriminación por sexo.
Implementar o uso adecuado das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC/TAC).
Ademáis do profesorado de ámbito científico e dos ciclos formativos, contamos coa colaboración dos Departamentos de inglés e francés para a tradución de toda a cartelería exposta nla Feira, e deste xeito axudar a un dos obxectivos principais dun centro bilingüe, é dicir, potenciar o uso de linguas extranxeiras.
"

IV Feira (ano 2017)

Feria de la ciencia Navia 2017.jpg
Feria de la Ciencia Navia 2017 2.jpg
Blog sobre a Feira 2017: http://feriadelaciencianavia2017.blogspot.com.es

III Feira (ano 2016)

Despois de ter recibido un premio na edición de 2015, afrontouse a III edición con seccións como tecnoloxía, Matemáticas, Bioloxía ou idiomas, dando acubillo a máis de proxectos do propio centro, a outros dos colexios de primaria Santo Domingo e Dario Freán (Coaña) o 7 e 8 de xuño. Coas exposicións realizáronse varios vídeos e un blog, ó que é aconsellable acudir para información máis ampla.

Cartelería e tríptico

Navia. cartel iii feria.jpg
Tríptico
Feria Navia 2016 a.jpg
Feria Navia 2016 b.jpg

Vídeos

Vídeo rápido da feira:

Vídeo da feira, sección a sección:


A feira, nos medios

A nova, na RTPA: http://www.rtpa.es/asturias:-Feria-de-la-Ciencia-en-Navia_111465384461.html
En La Nueva España: http://www.lne.es/tags/feria-de-las-ciencias.html

Referencia da feira dende o CPR Avilés-Occidente

http://www.cpravilesoccidente.es/2016/05/iii-feria-de-la-ciencia-en-el-ies.html e http://www.cpravilesoccidente.es/2016/05/iii-feria-de-la-ciencia-en-el-ies.html
Diversos vídeos

Distribución da feira ano 2015

A feira, este ano só 'de ciencia', a pesar de ter unha importante compoñente tecnolóxica, celebrouse entre o 26 e o 27 de maio de 2015.
Fíxose unha camiseta conmemorativa, que actuou de uniforme da feira, reproducindo o básico do cartel anunciador, feito por Marcos Gastón Vicente. Con data 16 de decembro de 2015 foille concedido o primeiro premio no VI CONCURSO DE BUENAS PRÁCTICAS EDUCATIVAS “MEJORA TU ESCUELA PÚBLICA”
O tríptico informativo desta edición:
Navia 2015_1.jpg
Navia 2015_2.jpg
Mais a versión final incluía un plano na parte central da primeira cara:
Feria Navia 2015 (II Feria). Distribución.jpg
Para facerse unha idea, a parte ancha do plano corresponde a unhas dimensións duns 30 m.

Vídeo e vista parcial


Blog sobre a feira 14/15

http://feriacientec1415.blogspot.com.es/

Blog sobre a feira

http://feriadelaciencianavia.blogspot.com.es/

Distribución feira ano 2014

Celebrouse os días 5 e 6 de xuño, no polideportivo anexo ó centro, de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 18:00 (o venres 6, ata las 19:00).
Navia PORTADA TRIPTICO FERIA 2014.jpg
Navia TRIPTICO FERIA 2014.JPG

Vídeo e vista parcial

Un pequeno vídeo como resume:

vista parcial:
Feira Navia 2014.jpg

Algún traballo


microscopio Navia 2014.jpg

Sobre o centro

O IES ten actividades diversas (en relación á ciencia, no 2014 celébrase a III edición do concurso de fotografía matemática) e participa en proxectos como o comenius http:/youthandsocialnetworkingsites.wordpress.com

Web do centro

http://www.iesgalilei.org/

Persoas encargadas

Rafael García-Bustelo García + Roberto Manín Gutiérrez


Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nunha nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.
Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 34 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data Apr 5, 2017 10:46 am.