Introducción

Sobre a oitava edición, 2013, pódese descargar un audio: https://www.wetransfer.com/downloads/0e415751205ee429f7f64bcd0e5e131220130227185819/f1130dc280dc2c58261c7ceac338db2720130227185819/8f98ef
VII Edición, 28 e 29 de febreiro de 2012; a tarde co mércores 29, portas abertas para público alleo ó centro. Referida en http://santipazos-intrusosenlared.blogspot.com/2012/02/vii-feira-das-ciencias-ies-alfredo.html
Edición 2011, realizada o 22 e 23 de febreiro (VI edición)
- Sen datos das edicións 2010 a 2012 (que si se celebrou)-
IES_Alfredo_Brañas_2Feira.jpg
Tivo o 31 de marzo e 1 de abril de 2009 a IV edición da Feira. Celebrou o ano 2008 a terceira Feira de Ciencia. A primeira o 21 de febreiro de 2006 e a segunda, 27 e 28 de marzo de 2007. Está organizada a partir da iniciativa do Depto. de Física e Química, coa colaboración dos de CCNN, Matemáticas e Tecnoloxía, e patrocinada por Enciga. Na segunda feira, en Física e Química, foron expostas un total de 5 experiencias, 3 de Física e 2 de Química (ver cartelería nas imaxes)

Estrutura

Cada departamento participante, co denominador común de mesas no corredor (algunha experiencia no laboratorio), pancartas explicativas detrás, número mínimo de monitores, etc, monta de xeito separado as súas prácticas, asigna horarios, etc. A coordinación faise por medio de reunións previas nas que se tenta non só de coordinar senón de mellorar a estrutura correspondente á ano anterior, e tentando non repetir experiencias continuamente. As experiencias e presentación son cualificadas.
IES_Alfredo_Brañas_2Feira_2.jpg
Un pequeno vídeo para descargar dunha actividade: a visualización da choiva de ouro: http://feirasdeciencia.wikispaces.com/space/showimage/II+Feira+das+Ciencias+Carballo-+Choiva+douro.wmv
E o cartel da feira do primeiro ano e dúas fotos de actividades.
IES_Alfredo_Brañas_Feira_I_indicadores_naturais.jpgIES_Alfredo_Brañas_Feira_I_Ludion.jpgIES_Alfredo_Brañas_cartel_2005-06.jpg

Outros

Participante na Galiciencia do ano 2008 en diante

Feira 2014

O ano 2014 celebrarase o 25 e 26 de febreiro.CAMISETA IX FEIRA CIENCIAS IES Alfredo Brañas.jpg

Contacto

Contacto no centro

José Mª de la Viña Varela, Departamento de Física e Química, IES Alfredo Brañas, vinava/@/telefonica/./net (suprimir /)

Enderezo

Enderezo: Rúa Vila de Corcubión, s/n CP. 15.100 - Carballo. Teléfono 981 700 911. Correo-e: ies/./alfredo/./branas/@/edu/./xunta/./es (suprimir /)

Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nuna nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.
Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 41 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data Feb 23, 2014 12:00 am.