Introducción

Hands-on Science é un proxecto Comenius (rede europea) no que participa como coordinadora en España a Universidade de Vigo e en torno ó que xurdiron diversas mostras de ciencia en centros de ensino. O obxectivo da rede HSci foi contribuír á xeralizar a innovación e as melloras do ensino da ciencia e tecnoloxía a nivel de ensino, en particular o medio, e a traverso da práctica de experimentos manuais na aula. De aí o de 'hands on', é dicir, máns á obra na ciencia.
HSci.pngOs obxectivos declarados na web das feiras de Ciencia asociadas son unha auténtica definición da feiras de ciencia nun sentido amplo:
  • organizar unha exposición interactiva aberta tanto ó alumnado do centro de ensino como ó resto da comunidade,
  • para presentar, acompañadas de paneis autoexplicativos, experiencias de fácil manipulación relacionadas coa Ciencia,
  • participando os alumnos como monitores de apoio.
Os anteriores acompáñanse dos 'obxectivos básicos':
espertar o interese e motivación cara á ciencia,
achegar a ciencia á sociedade,
proporcionar unha visión lúdica da ciencia,
facilitar a funcionalidade dos coñecementos,
fomentar a interdisciplinariedade.
Non ven de máis lembrar aquí que HSci pretendeu 'promover e difundir entre profesorado, centros de ensino e consellos educativos nacionais e transnacionais, prácticas aceptadas e recentemente investigadas no ámbito do ensino experimental da Ciencia e as súas disciplinas', co que a súa misión tivo sempre non só un caracter de espallamento, senón de formación didáctica.
Asemade, outra idea a recoller de HSci, que non debera perderse, é a de facer relacións públicas no campo da ciencia, cun 'grupo de traballo para coordinar unha campaña de relacións públicas centrada no ensino da Ciencia. Dirixida a profesores e educadores, centros de ensino e comunidade, Ministerios de Educación e Consellos Educativos, nun intento sistemático por demostrar os beneficios dun emprego xeralizado da aprendizaxe manipulativa da Ciencia', así como a potenciación dos clubs de ciencia nos centros educativos.
No 2008 celebra o seu congreso en Olinda, Recife, Brasil, espérase que como ponte de continuidade para o futuro cordinado dos asociados.

Feiras baixo este proxecto

IES A Xunqueira. Pontevedra
IES de Poio
IES Escolas Proval
IES Auga da Laxe. Gondomar
Instituto de Estudos Miñoranos
IES Porta da Auga (Ribadeo)
IES Marco do Camballón (Vila de Cruces-Pontevedra)
E.T.S.E. Telecomunicación UVigo

HSci_0002.jpeg
HSci_0001.jpeg

Eventos HSci

Entre outros (ver a web do proxecto):
/Resume de actividades/
*Presentacións orais e posters
Eran admitidas presentacións entre 10 e 40 minutos, con posibilidad de videoconferencias. Era necesario o envío dun resume dun máximo de 300 verbas.
*Obradoiros de discusión e experimentos e demostracións manuais
Sesións preparadas para a discusión dun tema particular (como literatura científica, muller e ciencia, ciencia e sociedade, ética, investigación e desenvolvemento, aprendizaxe ó longo da vida, aprendizaxe informal, ...) e presentación e demostración de experiencias (complementando á Feira de Ciencia celebrada). Era necesario un envío de un resume de menos de 500 verbas describindo a actividade.
*Feira da ciencia e festival robótico
As escolas, institutos de investigación, clube de ciencia, compañías comerciais, equipos e grupos de estudantes e/ou profesores, etc, podían preparar un traballo para a Feira da Ciencia da conferencia HSCi. De igual xeito, era necesario un resume de menos de 500 verbas.
*Seminario de contacto Sócrates/Comenius: "Construíndo pontes. Cara a unha Educación en Ciencia mellorada na UE" desenvolveuse de xeito paralelo para a promoción de proxectos escolares Comenius accións 1 e 2.
*Contactos informais
De máxima importancia entre os participantes,para o estalecemento de redes adecuadas, foron axudados polo programa social e cultural ofertado.
  • Congreso Creta (Grecia) 2005 (2ª Conferencia internacional)
  • Congreso Liubliana (Eslovenia) 2004 (1ª Conferencia internacional) Libro de resumes

Artigos

AS ACTIVIDADES MANIPULATIVAS NO ENSINO DA CIENCIA: O PROXECTO “HANDS-ON SCIENCE”: http://www.enciga.org/congreso/2004/guia_congreso_resumida.pdf (p.171-173)

Unha nota final

Está prevista a continuación deste proxecto próximamente.

Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nuna nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.
Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 36 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data Oct 9, 2008 12:57 pm.