SFTE, Science Fairs Throughout Europe, foi un proxecto Comenius I que deu pé a colaboración de centros de diversos países en relación coas feiras de ciencia. Así pois, non é un proxecto específicamente galego, e nese sentido, só un ano tivo lugar en Galicia a exposición correspondente, no marco da Feira da Ciencia e Tecnoloxía do IES Porta da Auga, mais recibiu unha forte influencia precisamente da xa daquela longa traxectoria do evento.

Realizáronse feiras de ciencia internacionais en tres países: España, Francia e Italia, a parte doutras mostras a nivel local. Comezou o primeiro ano (2003) coa celebración da 'Feira da Ciencia e Tecnoloxía no IES Porta da Auga. O segundo ano, o centro francés presentou unha feira (que chamaron 'Euroscience') de modelo parello á anterior pero con certa influencia das 'Exposciences' celebradas a nivel departamental e nacional franceses.
Asemade, fíxose unha extensa páxina web con diversos apartados (na actualidade xa non existe o sitio). Acompáñase folla para a construcción da páxina:
SFTE_website_planning_chart.jpg

Feira no centro Notre Dame de Bourgenay - Les Sables D'Olonne, Francia (2004)
O terceiro ano do proxecto, o centro italiano simultaneou a celebración da feira (novamente chamada 'Euroscience') con una mostra anual de corte matemático celebrada no centro a instancias dun 'obradoiro matemático' no mesmo, a 'Eureka'

Feira no ITIS Francesco Giordani - Nápoles, Italia (2005)
Follas para petición de necesidades, preparatorias da Feira de Ciencia:
SFTE_20050407_planning_Naples.jpg
SFTE_20050407_planning_Naples_2.jpg
Información na prensa:
20050406_elprogreso_marina_p008.jpeg

Ó seu final no centro coordinador, o IES Porta da Auga, deu lugar a unha publicación, "Science Fairs Throughout Europe...e máis" e asemade, á participación nuns encontros de difusión, o 'Dissemination Bow'
Dissemination_Bow.jpeg
Borrador de decisións dunha das primeiras xuntanzas do proxecto:
sfte_xuntanza_borrador.jpeg
Cartel da Feira de ciencia mantida en Nápoles co proxecto:
cartel_Euroscience.JPG
Páxina de prensa de SFTE (complementa ás novas que aparecen en cada un dos centros integrantes no proxecto)

Volta á Portada



Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nuna nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.
Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 27 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data Jul 25, 2009 8:47 am.