Introducción

Celébrase en A Coruña, auspiciado pola Casa das Ciencias no seu sétimo aniversario, unha primeira actividade no Parque de Santa Margarita como un conxunto de actividades dirixidas en particular aos nenos, tentando que fixeran e se divertiran coa ciencia. Nese primeiro momento tivo o nome de 'Festa da ciencia' (Fiesta de la Ciencia, 1992)

Con posterioridade, no 1996, a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias recolleu ese xerme e comezou a celebrar unha cita anual co nome de Día da Ciencia na Rúa (Día de la ciencia en la calle; a de 2008 é a primeir edición na que se ofrecen carteis con ambas rotulacións, sendo as anteriores edicións en castelán), actividade pioneira a nivel nacional, imitada a partir do 2000 pola Comunidade de Madrid, co nome "Madrid pola Ciencia" (Madrid por la Ciencia)

O Día da Ciencia na Rúa desenvólvese o primeiro sábado de maio (a excepción de que sexa ponte festiva, pasando nese caso ó segundo sábado) como acto lúdico, nun horario de 11 da mañá a 7 da tarde, arredor da Casa das Ciencias de A Coruña. No ano 2005 celebrouse un día de ciencia na rúa en Pontevedra, auspiciado tamén polos 'Amigos da casa das Ciencias' que non se voltou repetir.

Os actores son alumnos e profesores de centros escolares da zona da Coruña (con excepcións como o IES Porta da Auga, ou agora o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo). Agrupados por centros educativos e outras entidades, achegan coñecementos científicos e xeitos de facer aos cidadáns, cun programa de actividades que eles mesmos deseña, incluíndo presentacións, demostracións, experimentos, ... que axudan a comprender a ciencia no seu máis amplo sentido.

Todos os datos na páxina de amigos da Casa das Ciencias: http://www.amigoscc.es/escolares/ciencia-en-la-calle/

Obxectivos

Presentacións da ciencia dun xeito divertido.

Anotacións

Organizado por Amigos da casa das Ciencias (web: http://amigoscc.org)
Con patrocinio (últimas edicións) de Caixanova http://www.caixanova.es
Asistencia de centros educativos e entidades diversas.

Detalles organizativos

Todos os anos é enviada unha invitación á participación con diferentes documentos e instruccións (ver, por exemplo, a cita do ano 2007), incluída invitación para un aperitivo para a xente ó cargo das 'jaimas' (tendas nas que se presentan os diferentes 'stand'), por exemplo.
A organización deste evento é detallada, involucrando a grande cantidade de xente e incluíndo un servizo de comida (a cada participante se lle entrega unha bolsa con comida), bebida, e para as jaimas, taboleiros para colgar, para facer de mesado, caballetes, escoba e recolledor, etc.
A infrastructura e a disposición humana organizativa dos 'Amigos da Casa das Ciencias' ten que ser necesariamente grande para sustentar a que é a maior manifestación de divulgación científica que se realiza de xeito periódico en Galicia.
Na imaxe, unha das características deste evento, os cabezudos científicos, representados nas súas tarxetas de visita.tarxetas_ciencia.jpeg

Edicións:

*I Día da ciencia na rúa (1996)
*II Día da ciencia na rúa (1997)
*III Día da ciencia na rúa (1998)
*IV Día da ciencia na rúa (1999)
*V Día da ciencia na rúa (2000)
*VI Día da ciencia na rúa (2001)
*VII Día da ciencia na rúa (2002)
*VIII Día da ciencia na rúa (2003)
*IX Día da ciencia na rúa (2004)
*X Día da ciencia na rúa (2005)
*Día da ciencia na rúa Pontevedra 2005
*XI Día da ciencia na rúa (2006)
*XII Día da ciencia na rúa (2007)
*XIII Día da ciencia na rúa (2008)
*XIV Día da ciencia na rúa (2009)
*XV Día da ciencia na rúa (2010)
*XVI Día da ciencia na rúa (2011)
*XVII Día da ciencia na rúa (2012)
*XVIII Día da ciencia na rúa (2013)
*XIX Día da ciencia na rúa (2014)
*XX Día da ciencia na rúa (2015)
*XXI Día da Ciencia na rúa (2016)
*XXII Día da Ciencia na rúa (2017)

Ligazóns externas

http://www.amigoscc.org/wiki/Ciencia_en_la_calle

Artigos

DÍA DE LA CIENCIA EN LA CALLE: http://www.enciga.org/congreso/2004/guia_congreso_resumida.pdf pp.183-184

Persoa de contacto

Javier Novelle Secades (Amigos casa de las Ciencias / [I.E.S.+Calvo+Sotelo.+A+Coru%C3%B1a | Colexio Calvo Sotelo])


Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nuna nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.
Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 39 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data May 7, 2017 10:57 pm.