En canto á propia estrutura, hai que partir de que as Feiras de Ciencia non conclúen: como se fala no vídeo sobre a primeria edición da 'Feira da Ciencia e Tecnoloxía' do IES Porta da Auga, cando unha feira remata, comeza outra. É dicir, para que haxa un rendemento adecuado, unha feira non pode ser un feito illado nunha historia formativa. Nese caso, quedará como unha lembranza máis ou menos grata, pero non será máis que un xerme sen fructificar. Por eso, a importancia da continuidade, crecendo a formación coa persoa formada e permitindo que o [[http://gl.wikipedia.org/wiki/Zona_de_desenvolvemento_próximo|desenvolvemento próximo]] (segundo a teoría didáctica) sexa o adecuado.
Pero nOn só das propias influencias internas vive ou está sometida a feira. Hai moitas influenzas totalmente externas e sobre as que se pode ter n control débil ou nulo. Así, varía moito a orientación que se lle pode dar, ou as limitacións que poden ter, en galicia se a comparamos con Cataluña, onde nestes momento teñen unha asignatura que é o 'traballo de investigación' (Treball de Recerca) no bacharelato.
Por outra baira, quedan moitas cuestións abertas. Algunhas delas poderían ser:
  • Cales deben ser as relacións coas institucións (educativas. societarias, locais, ...)
  • Que aplicabilidade pode terse dun sistema de calidade?
  • A medida que as feiras van desenvovéndose, dispónse de máis material para desenrolar actividades. Que apertura do material se pode dar para unha maior rendibilidade ó traballo realizado?
... Preguntas a analizar por separado con calma...

Volta á Portada


Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 7 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data Aug 10, 2007 8:25 am.