Conxunto de experiencias en torno á Química que foron desenvoltas por profesores de varios centros (IES Rosalía de Castro. Santiago, IES Miraflores. Oleiros, IES de Ames. Bertamiráns e IES A Sardiñeira. A Coruña) e que resultou co 3º Premio de Innovación Educativa do ano 2005.
Con posterioridade foron pasadas noutros centros, como o IES Fontem Albei. A Fonsagrada
O fin declarado deste desenvolvemento é 'desmitificar a ciencia e de facer desta algo próximo e comprensible para todos'.Pretende facer unha especie de intercambio: achegar as exposicións científicas ó rural e á súa mocidade ó tempo que favorecer que os mozos urbanos se familiaricen coa gran riqueza biolóxica, xeolóxica, paisaxística e etnográfica das zonas rurais.
No caso de A Fonsagrada, as actividades contemplaron dous aspectos diferentes. Por unha banda, obradoiros-exhibición, onde se presenten unha serie de prácticas espectaculares de física e química, acompañadas dás explicacións teóricas dos procesos físicos e químicos que teñen lugar, por parte dos catro profesores. Estas prácticas estaban destinadas a alumnos de primeiro e segundo de bacharelato de Ciencias e para alumnos da ESO da zona dá Fonsagrada e dos concellos limítrofes de Asturias. Houbo dúas sesións diarias de hora e media cada unha durante os cinco días da Semana da Ciencia. En cada sesión participaron un máximo de 40 alumnos, acompañados dous seus respectivos profesores.
A outra parte da actividade seguida na Fonsagrada foron os itinerarios científicos, que incluíron visitas guiadas ao parque eólico de Cerredo, aos museos etnográficos da Fonsagrada e de Grandas de Salime, a un mazo e a un muíño de gran, á central hidroeléctrica de Grandas de Salime e ao castro desta mesma localidade e ao seu museo. Houbo ademais rotas de sendeirismo do Concello da Fonsagrada con guía especializado: a de Tres Bispos, a de Tresvilar e a das ferrerías.
Web de referencia: http://www.edu.xunta.es/contidos/premios/innovacion05/mod_a/a_maxia_da_quimica/

Nota sobre imaxes: premendo co botón dereito do rato sobre elas, e escollendo abrir nuna nova fiestra, en xeral poderán verse aumentadas de tamaño.
Esta páxina sobre Feiras de Ciencia en wikispaces foi editada 4 veces. A derradeira modificación ata o momento tivo lugar na data Mar 8, 2008 11:08 am.